24 ene 2008

Un xogo de equipo


Non adoito escribir sobre temas deportivos pero hoxe vou facer unha excepción porque o protagonista desta noticia ben o merece. Desde moi novo son amante do baloncesto, daqueles que desfrutaban no Pazo coas xogadas de Nacho Suárez, Andre Turner e Darrell Armstrong, os saltos de Chandler Thompson, a loita de Clarence Kea, os triples de Roland Gray. Agora mesmo, na NBA, xoga un estremeño que destaca pola súas magníficas cualidades para este xogo: José Manuel Calderón. Entre tanto exceso físico, absoluta falta de intelixencia, individualismo esaxerado e incapacidade para o pase -as características que definen á maioría de xogadores da NBA- xorde Calderón co seu saber estar, coa decisión acertada para cada ocasión, o tiro oportuno, a indicación precisa... e un pensa: isto é o baloncesto, un xogo en equipo. Ademais destas virtudes, Calderón ten o que os americanos chaman clutch, é dicir, a capacidade de asumir o protagonismo nos momentos nos que se deciden os partidos. Non se esconde xamais. Onte mesmo, grazas a unha bandexa nos últimos segundos deulle a vitoria aos Toronto Raptors na cancha dos Boston Celtics, os líderes da liga. Un bo lugar para brillar. Anotou 24 puntos e deu 13 asistencias. Iso si que é xogar e facer xogar aos demais.

18 ene 2008

Non hai futuro sen memoria


Nos últimos tempos comprobamos que hai moitos aos que irrita terriblemente a chamada memoria histórica. Semella que para eles sería mellor o total esquecemento do pasado pero unha sociedade que queira mirar o futuro non debe olvidar. Esa famosa frase: "quen descoñece a súa historia está condenado a repetila", non por gastada deixa de ser certa.

O historiador Javier Tusell, ao sinalar os factores que explican o éxito da transición democrática española, non esquecía o papel fundamental xogado pola memoria neses anos trascendentais:


"Podría haberse pensado que el recuerdo del pasado [a guerra civil] ejerciera una función negativa: así lo pensaban muchos observadores extranjeros, para quienes resultaba previsible una nueva guerra civil en el mismo momento de la muerte de Franco. Pero fue exactamente al revés: la memoria de lo sucedido en los años treinta sirvió de advertencia a los protagonistas políticos y a la propia conciencia de la sociedad, de modo que, a lo largo de todo el proceso, pendió sobre unos y otros la espada de Damocles de la reproducción de la contienda fratricida, obligando a rectificaciones en aquellos momentos en los que se producía la sensación de que existía el peligro de que descarrilara el proceso".


Javier Tusell: Historia de España en el siglo XX. Vol IV: La transición democrática y el gobierno socialista.