Teño nas mans a edición de peto dun dos máis importantes clásicos da pedagoxía moderna, o Emilio
de Jean Jacques Rousseau. A pesares das contradicións e do moito que se
lle pode censurar, aínda hoxe en día esta obra garda un valor
fundamental para os educadores de todo o mundo. Nela constátase por
primeira vez que o neno é un ser en si mesmo, é dicir, non un adulto
empobrecido e incapaz senón alguén moi diferente, con características
propias e singulares. Por iso xa no prefacio Rousseau fai unha severa
critica: "Los más sabios se aplican a lo que importa saber a los
hombres, sin considerar lo que los niños están en condiciones de
aprender. Buscan siempre al hombre en el niño, sin pensar en lo que es
antes de ser hombre". Logo aconsella: "Comenzad pues por estudiar mejor a vuestros alumnos; porque a buen seguro no los conocéis."
O Emilio está escrito á maneira dun manual,
unha especie de guía educativa chea de referencias filosóficas,
fisiolóxicas, relixiosas e morais. Dividido en cinco libros, o seu
esquema segue o da vida dun neno desde o nacemento até a idade adulta.
Para os mestres do ensino infantil e primario é o segundo dos libros ao
que máis interese prestamos posto que alí Rousseau trata da educación
dos nenos de 2 a 12 anos, que son cos que convivimos nas nosas aulas.
Tamén os pais poderían extraer ensinanzas moi valiosas dun libro do que
fai este ano o 250 aniversario da súa publicación:
"¿Sabéis cuál es el medio más seguro para hacer miserable a
vuestro hijo? Acostumbrarlo a obtener todo; porque, al crecer de modo
incesante sus deseos por la facilidad de satisfacerlos, antes o después
la impotencia os obligará, a pesar vuestro, a llegar a la negativa, y
esa negativa insólita lo atormentará más que la privación misma de lo
que desea. Primero querrá el bastón que tenéis; pronto querrá vuestro
reloj; luego querrá el pájaro que vuela; querrá la estrella que ve
brillar, querrá todo lo que vea; a menos de ser Dios ¿cómo lo
contentaréis?"
(A imaxe mostra o gravado que serviu de portada do segundo libro na edición orixinal do Emilio,
a do ano 1762. Vemos o centauro Quirón adestrando o neno Aquiles. Non
sorprende a elección do tema mitolóxico pois Rousseau dedicou parte
importante deste capítulo á educación física e sensorial.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario