21 dic 2007

A cúpula de Brunelleschi


Recupero agora dúas estampas da miña última viaxe a Italia, un país infindo. Ao pé do Duomo de Florencia, a magnífica Santa Maria dei Fiori, atópase esta estatua que representa ao arquitecto Filippo Brunelleschi ollando con atención a espectacular cúpula que el diseñou e construiu entre 1420 e 1436. A súa maxestuosidade trataba ademais de salientar a crecente influencia da cidade sobre o resto da rexión toscana. A edificación resultou moi complexa e hoxe en día é considerada coma unha das cimas do Renacemento desde un punto de vista técnico e artístico. Non sorprende que Brunelleschi tivese que facer tantos cálculos.

Para a construcción da cúpula convocouse un concurso público. O máximo competidor era Lorenzo Ghiberti, escultor das portas do Baptisterio. A proposta de Brunelleschi era audaz pero arriscada. Elaborou un modelo en madeira e inventou novas máquinas e técnicas para edificar a cúpula. Finalmente a súa idea foi a vencedora.







No hay comentarios: