Vale que as estradas galegas están na súa maioría nun estado lamentable. Vale que durante moito tempo as nosas infraestruturas ían ficando obsoletas mentres os gobernos ollaban para outro lado. Vale, como dicía Reixa, que somos unha potencia en curvas. Pero o que non se pode é xustificar comportamentos tan incívicos como o que sinala hoxe mesmo La Voz: Dos 151 primeiros casos de alcoholemia en condutores tipificada como delito, é dicir, superior ao doble da tasa máxima, 34 son galegos. Falamos dun 23%. Abraiante. Un de cada catro españois denunciados por este motivo é galego. Resulta desolador. Que ten este país de especial para que conducir cunhas cantas copas de máis sexa tan habitual? Disto non podemos culpar aos gobernantes. Fai falla que a sociedade madure porque do incivismo non nos curan nin leis nin gobernos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario