Dous meses levo sen conexión a Internet e sen modificar o meu blog; todo desde que me mudei á miña nova vivenda na que aínda non hai posibilidade de engancharse á rede. Por outro lado comprei un novo e cómodo sofá e teño máis tempo para ler polas tardes. Nas últimas semanas teño lido a Epopea de Gilgamesh, unha marabilla da Antigüidade; unha interesante obra divulgativa sobre os templarios da autora Barbara Frale e actualmente estou a ler a biografía de Mariano José de Larra recén publicada pola Editorial Aguilar. Este ano 2009 está cargado de efemérides e celebracións coma o Ano da Astronomía ou o bicentenario de Edgar Allan Poe e do mesmo Larra. Benvidas sexan se serven para dar a coñecer novas publicacións e lograr novos adeptos.
Larra é unha figura senlleira do xornalismo en España da primeira metade do século XIX. Ler os seus artigos fai que un aprecie o valor deste oficio. Gardan toda a actualidade porque atacan vicios e inxustizas que hoxe seguen a se producir. E, dalgunha maneira, un comparte tamén co autor certas actitudes coma o fondo e desesperanzado escepticismo e unha leve misantropía.
4 comentarios:
Benvido cabaleiro botábaselle de menos, por estes pagos.
Un Saúdo, e aproveite o sofa para escribir algunha das súas estupendas entradas.
Felizmente vives! E vens de ressuscitar o Blog.
O teu pai
Moi agradecido, amiga Ánxelis. Vou vencendo o "mono" de Internet desde o traballo pero non me chega. Quero máis. A ver se os de R poñen os tubos verdes eses en pouco tempo.
Saúdos.
Quisiera manifestar mi envidia por el tiempo que tienes para dedicarle a la lectura. Tengo una repisa muy grande llena de libros que quiero leer y que por tiempo no he podido.
Supongo que una vez que salga de la universidad podré leer algo más que libros de fisiología jajaja.
saludos desde el sur!!
Elvira.
Publicar un comentario