Regreso con novas enerxías despois dun verán no que teño que admitir que fun vencido pola preguiza. Andei enredado con leas de hipotecas e bancos, e mudei de escola. Deixei o Arealonga de Vilagarcía polo CEIP de Sestelo-Baión, no concello de Vilanova de Arousa. O colexio está moi cerca do famoso pazo e, en xeral, os terreos que rodean a escola están cheos de abundantes viñas. O edificio, que se atopa nun promontorio moi próximo a transitada estrada que une Vilagarcía e Pontevedra, permite albiscar a grande veiga bañada polo río Umia que paseniñamente vai avanzando cara o oeste hacia Ponte Arnelas e dalí a Cambados, onde se vai unir ao Atlántico.
Hoxe aproveitei o día de sol para achegarme ao Pazo de Baión, vítima involuntaria dunha historia sinistra de narcotraficantes, políticos amnésicos e naiscoraxe. Tirei unhas cantas fotos porque o lugar e a vista pagaban a pena. Impresiona o inmenso terreo cheo de parras e ondulado pola luz do sol do mediodía.
Comezou a vendima. Que dea nun bo viño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario