11 ago 2006

Era o Castrove


O Castrove é un dos montes máis importantes da comarca do Salnés, xunto co Xiabre, que está en Vilagarcía. Pertence ao concello de Meis, un dos máis castigados polo lume destes días. Como podedes ollar, desde alí disfrútase dunha vista fabulosa sobre a Ría de Pontevedra posto que unha das ladeiras do monte vai dar directamente a Poio.
Esta fotografía foi tomada o pasado día 10 de abril. Nela pódese comprobar facilmente que o monte sofriu incendios con grande frecuencia nos últimos anos, apenas hai árbores, só matos e algún piñeiro illado. Agora, este novo castigo sobre o Castrove pode ser a estocada definitiva.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola David,
Gotaria de usar esta foto nun blogmillo sobre o concello de Meis:
http://meis.blogaliza.org/
É unha foto ben fermosa.
Agardo a tua nova.
Saudos
Meisalnes

David Paz Nóvoa dijo...

Encantado de que utilices a miña foto desde o Castrove no teu blog de Meis.
Unha forte aperta.

Anónimo dijo...

Moitas Grazas David. Esta fin de semana vou engadir un artigo sobre o castrove e vou poñer a túa foto.
Unha forte aperta desde Meis