Hai poucas semanas laiábase Afonso Vázquez-Monxardín nun artigo seu en La Región da desaparición dun lugar tan cheo de recordos para os ourensáns como foi a Confitería Ramos. Eu comparto ese sentimento. A cidade vai deixando cadáveres a cada pouco. Uns días antes pechara tamén para sempre o Hotel Parque. Os dous lugares, ademais de estar moi próximos entre si, tiñan en común que foran abertos a mediados dos anos 50.
Ourense viviu nos anos 40 e 50 unha importante expansión, multiplicada ademais pola anexión do concello de Canedo. Creceu a poboación e abriron moitos novos comercios. So nos anos 40 inauguráronse catro salas de cinema (hoxe todas clausuradas). As confiterías viviron o seu mellor momento na década seguinte. Milhojas abriu o seu local na Rúa do Progreso no Nadal de 1953 e a Confitería Ramos xustamente ao ano seguinte.
Eu nacín vinte anos despois pero tamén teño recordos desta confitería abandonada. Lembro pasear cos meus compañeiros da escola pola rúa do Paseo, naquel tempo en que as librerías aínda tiñan dereito a estar no centro da cidade antes da chegada invasiva das boutiques. Cando apetecía e había cinco pesos no bolsillo entraba a comprar o meu doce favorito: unha especie de triángulo de crema cuberto con azucre glas. Aquelo sabía a gloria.
Xa máis recentemente, e con algúns pesos máis na carteira, parabamos diante do escaparate da Ramos para ollar a variedade de turróns artesanais que se compraban ao peso, de chocolate, trufados con froita, de nata e noces...
Asistimos hoxe resignados á desaparición física destes lugares. Dentro dunhas semanas cúmprese o 80 aniversario da inauguración do Teatro Losada, hoxe, como todos sabemos, local da maior cadea téxtil do país. Na miña opinión e tomando a expresión de Monxardín, esta foi a maior puñalada da historia cultural da cidade no último século. Perdemos un teatro histórico na rúa principal da cidade e convertímolo nunha tenda de calcetíns.
(Na primeira imaxe, anuncio da Confitería Ramos publicado en La Región en decembro de 1954. Na segunda imaxe, anuncio da Confitería Milhojas publicado no mesmo diario o 22 de decembro de 1953.)

1 comentario:
Unha mágoa...pouco a pouco asistimos á desaparición de referentes que facían soportable o feito de vivir na cidade...os cines, as tendas de ir mercar o pan e a fruta do día, as pastelerías, os zapateiros, as modistas...un mundo á medida do humán que se troca por templos do consumismo onde só se consume, ninguén se divirte, onde todo está estudado para que os nosos sentidos converxan nun único carril, o que leva aos anaqueis dos productos e de alí á caixa rexistradora. A música alta, o ambiente claustrofóbico e pechado rexeitando toda invasión da natureza, vixiancia por todas partes...ogallá que Ballard se trabucase completamente, que me da que non.
Publicar un comentario