1 abr 2008

O camiño circular do cinema


En 1893 Thomas Alva Edison, o home dos mil enxeños, inventou o kinetoscopio. Este aparello permitía o visionado individual dun filme de moi curta duración a través dunha pequena fenda aberta na súa parte superior.

Dous anos máis tarde, os irmáns Lumière presentaban en París o seu cinematógrafo, que xa era un aparato capaz de proxectar un filme sobre unha pantalla. Na opinión de Edison a proxección dunha película ante unha sala repleta non resultaría rendible. Era moito mellor, pensaba el, cobrarlle a cada espectador un a un aínda que fose so unha moeda dun níquel. O tempo demostraríalle axiña o errado que estaba e Edison trataría de reaccionar.

A gran pantalla e a oscuridade da sala convertiron o visionado dunha película nunha experiencia compartida, colectiva e máxica. O cinema adquiriu un carácter semisagrado. E non se pode entender a historia do cinema sen telo en conta como feito social. De seguro que Hollywood non sería a fábrica de soños so cos kinetoscopios.

Por iso resulta curioso ver como na actualidade parece renacer a idea de Edison e do seu kinetoscopio, o desfrute individual do cinema. As salas perden espectadores ano tras ano a velocidades de vertixe mentres crece a venda de home cinemas e de DVDs, popularízanse as cámaras de vídeo dixitais. YouTube arrasa en Internet e a xente descarga cada vez máis películas do Emule. Seguimos a ver cinema pero sentados no salón da nosa casa.

Voltamos de novo o individualismo da experiencia cinematográfica primitiva e semella que temos percorrido un camiño circular.
(Na imaxe un espectador olla un filme nun kinetófono de 1895, resultado de unir o kinetoscopio cun fonógrafo de cilindros.)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

olas espero no aremar confuciones pero estaba leyendo sobre la historia y o rigen de la television y me dicen que Vladimir Kosma Zworykin el fuen quien invento el kinetoscopio (1924), pero en su pagina me dice que es edision al fin quien es el uno el otro espero no traer malas intensiones ni ofender a nadie tan solo estoy aprendiendo grace

David Paz Nóvoa dijo...

Los logros de Zworykin se produjeron en el terreno de la televisión. La confusión procede del parecido nombre de los dos inventos. Zworykin ideó el kinescopio, es decir, el tubo catódico de la televisión. Zworykin ni siquiera había nacido cuando Edison inventó el kinetoscopio, que no es un aparato electrónico sino una gran caja que contiene una película de celuloide dentro de una serie de bobinas.