22 abr 2008


Os políticos en campaña fan cousas moi estrañas. Se ademais levan meses e meses percorrendo un país de máis de 300 millóns de habitantes é probable que a fatiga acumulada sexa das que levan a perder o sentido do máis sensato, e Barack Obama parece sensato.

Pasando as páxinas de El País atopei hoxe esta fotografía que me chamou moitísimo a atención. Fiquei un bo tempo ollando a instantánea. É digna de análise. Confunde a cara de adulto do neno que mira á cámara, confunde a cara de neno do adulto que tamén mira á cámara. Asáltanme as preguntas. De que se trata? Un almorzo coa prensa? Por que parece que este neno ao que poderíamos chamar Bob é o asesor persoal de Obama? Que ten de especial e divertido facerse unha foto cun neno na barra dun café? E por que estas cafeterías dos Estados Unidos parécense tanto aos nosos vagóns restaurante? Trátase acaso dun vagón restaurante? É un gofre e unha salchicha o que hai no prato? Que había na bandexa branca do rapaz? Este neno non vai á escola? Ás veces as fotografías deixan moitos misterios no ar.

No hay comentarios: