31 dic 2007

O sol baixo a parra


Desde o inicio dos tempos foron moitos os artistas e filósofos que trataron o asunto da vellez nalgún momento da súa vida, desde Cicerón até Rubens. Pola súa parte, recén cumpridos os seus setenta anos, Vicente Risco escribía na prensa estas fermosas liñas sobre a súa idea da vellez, unha idea que semella unida ao tópico horaciano do beatus ille.


"Parece que estamos de moda los viejos. Hasta se ha inventado una ciencia para su estudio: la Gerontología.
Yo no sé quien lo ha escrito, pero yo lo leí en LA REGIÓN, un artículo o lo que sea, que dice que "La vejez y la felicidad son compatibles". Me gustó el título.
En realidad, yo siempre lo he creído así. Es más, siempre he tenido esa esperanza: ya que no lo fuí de niño, de joven, ni de hombre, a ver si de viejo. Mas, por ahora, me parece que tampoco.
Tenía yo mis proyectos para la vejez: dedicarme a la Botánica; vivir en la aldea; pasar las horas de sol sentado debajo de una parra, a la puerta de la bodega; llevar siempre cayada aunque no me hiciese falta; leer la Biblia; no escribir nada nuevo; tomar chocolate por las tardes...
Concebía yo la vejez como un largo atardecer de oro, un descanso y un premio. El premio de no tener obligaciones. El premio de vivir sin el "tengo que", que roe por dentro en la conciencia; sin el "tienes que", que acucia y aguija a uno por fuera.
Concebía yo la vejez como un tiempo del que puede uno hacer lo que le dé la gana, un tiempo libre, que nos diesen en plena propiedad, con jus utendi y jus abutendi y hasta jus renundiandi, sin obligaciones, derecho subjetivo purísimo e ilimitado.
Ignoro si dicen estas cosas los viejos tratados "De senectute" porque nunca he tenido paciencia de pasar de las primeras páginas; pero veremos ahora esta nueva ciencia."


Horas, Vicente Risco.
La Región, 25-11-1954.
(Na imaxe, A man reading in a garden, de H. Daumier, 1866-1868)

21 dic 2007

A cúpula de Brunelleschi


Recupero agora dúas estampas da miña última viaxe a Italia, un país infindo. Ao pé do Duomo de Florencia, a magnífica Santa Maria dei Fiori, atópase esta estatua que representa ao arquitecto Filippo Brunelleschi ollando con atención a espectacular cúpula que el diseñou e construiu entre 1420 e 1436. A súa maxestuosidade trataba ademais de salientar a crecente influencia da cidade sobre o resto da rexión toscana. A edificación resultou moi complexa e hoxe en día é considerada coma unha das cimas do Renacemento desde un punto de vista técnico e artístico. Non sorprende que Brunelleschi tivese que facer tantos cálculos.

Para a construcción da cúpula convocouse un concurso público. O máximo competidor era Lorenzo Ghiberti, escultor das portas do Baptisterio. A proposta de Brunelleschi era audaz pero arriscada. Elaborou un modelo en madeira e inventou novas máquinas e técnicas para edificar a cúpula. Finalmente a súa idea foi a vencedora.







6 dic 2007

Incivismo ao volante

Vale que as estradas galegas están na súa maioría nun estado lamentable. Vale que durante moito tempo as nosas infraestruturas ían ficando obsoletas mentres os gobernos ollaban para outro lado. Vale, como dicía Reixa, que somos unha potencia en curvas. Pero o que non se pode é xustificar comportamentos tan incívicos como o que sinala hoxe mesmo La Voz: Dos 151 primeiros casos de alcoholemia en condutores tipificada como delito, é dicir, superior ao doble da tasa máxima, 34 son galegos. Falamos dun 23%. Abraiante. Un de cada catro españois denunciados por este motivo é galego. Resulta desolador. Que ten este país de especial para que conducir cunhas cantas copas de máis sexa tan habitual? Disto non podemos culpar aos gobernantes. Fai falla que a sociedade madure porque do incivismo non nos curan nin leis nin gobernos.