21 nov 2007

Non esquezas nunca


Afortunadamente despois do 20 de novembro soe amencer o día 21. E fican atrás algaradas e manifestacións que fan pasar moita vergonza, pero que tamén fan reflexionar acerca da sociedade na que vivimos. A min, polo menos, serviume tanto rebumbio para lembrar un breve poema do salvadoreño Roque Dalton que sempre quero ter na memoria:


"CONSEJO QUE YA NO ES NECESARIO EN NINGUNA PARTE DEL MUNDO PERO QUE EN EL SALVADOR...

No olvides nunca
que los menos fascistas
de entre los fascistas
también son
fascistas."


Non estou de acordo con Roque. En España tamén é necesario e todos os días temos mostras que o proban.

16 nov 2007

Patrimonio e responsabilidade


Florencia pode ser a cidade que mellor ten transformado o seu enorme tesouro cultural en atractivo turístico. Todo o centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1982 e milleiros de persoas a visitan todos os anos atraídos polo David de Michelangelo, a Galleria degli Uffizi, as obras de Giotto e Donatello ou Il Ponte Vecchio.

Franco Cardini, na súa Breve historia de Florencia, sinala:

"No existe ciudad en el mundo que no sienta para bien o para mal el peso de su pasado. En Florencia y para Florencia este peso es por un lado aplastante y por el otro decisivo en la vida misma actual."

Para os florentinos supón unha grande responsabilidade a conservación dun patrimonio tan valioso. A contaminación, o desenvolvemento urbanístico, a presión turística ou a elevada inmigración irregular son quizais os maiores problemas que a cidade está a tratar de resolver na actualidade.

Sinala Cardini con sensatez: "No se pueden cuidar los monumentos y los objetos artísticos y descuidar a las mujeres y a los hombres, a los ancianos y a los niños: son ellos los guardianes y los herederos de la ciudad de arte, pero no se les puede degradar a hacer solo de ujieres y bedeles".