16 nov 2007

Patrimonio e responsabilidade


Florencia pode ser a cidade que mellor ten transformado o seu enorme tesouro cultural en atractivo turístico. Todo o centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1982 e milleiros de persoas a visitan todos os anos atraídos polo David de Michelangelo, a Galleria degli Uffizi, as obras de Giotto e Donatello ou Il Ponte Vecchio.

Franco Cardini, na súa Breve historia de Florencia, sinala:

"No existe ciudad en el mundo que no sienta para bien o para mal el peso de su pasado. En Florencia y para Florencia este peso es por un lado aplastante y por el otro decisivo en la vida misma actual."

Para os florentinos supón unha grande responsabilidade a conservación dun patrimonio tan valioso. A contaminación, o desenvolvemento urbanístico, a presión turística ou a elevada inmigración irregular son quizais os maiores problemas que a cidade está a tratar de resolver na actualidade.

Sinala Cardini con sensatez: "No se pueden cuidar los monumentos y los objetos artísticos y descuidar a las mujeres y a los hombres, a los ancianos y a los niños: son ellos los guardianes y los herederos de la ciudad de arte, pero no se les puede degradar a hacer solo de ujieres y bedeles".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pásese polo meu espazo.
Congratulacións polo seu.

Anónimo dijo...

Quedaches abraiado pola forza e calidade arquitectónica de Florencia.Parece que non pasou o tempo, que maxestuosidade ten a Plaza da Señoria, o Palacio,o mercado da lana,Ponte Veccio.....Ali, tomei eu os mellores xelados da miña vida.....