Ás veces son algo teimudo cando discuto con aqueles que pensan e defenden que nada cambiou na educación durante os últimos tempos e que todo é máis ou menos igual ca era antes. Penso que aínda que vaiamos todos dentro do mesmo tren debemos decatarnos de que este móvese e que vai a algures. Non podemos estar cegos diante dos cambios sociais, políticos, tecnolóxicos e culturais que teñen operado no país nas últimas décadas. Iso suporía non estar preparados para os retos que se aveciñan no futuro máis próximo.E así, fiquei hoxe abraiado ao contemplar este anuncio publicado en 1956 no diario La Región. Non necesita de moito comentario pero chocoume especialmente que naquel tempo se considerase tan lóxico e normal humillar a un neno de xeonllos e coas orellas de burro a pesares de decatarse ao mesmo tempo de que iso podería "dañar su porvenir". Inaudito. Hoxe resulta unha caricatura pero non me podo esquecer que nun tempo foi real e sucedeulle a nenos e nenas de carne e óso. Non cabe dúbida de que os que se deberían ruborizar deberían ser os adultos que tal permitiron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario