Hoxe mesmo tiven que responder a unha pregunta semellante.
Un alumno meu, de tan so 7 anos de idade, chamado Mario, de Vilagarcía de Arousa, confesoume, coa cara moi apenada, que pasara toda a noite do domingo sen durmir por mor do descenso do Celta. Eu expliqueille que ser do Celta é algo especial, que tanto ten se estás en Primeira en Segunda ou onde sexa. Ti es do Celta e tes que estar orgulloso delo. Eu tamén son, sempre o serei. Estou triste pero alegráme tanto ver nenos coma ti... Ánimo, antes de que ti naceras houbo xogadores extraordinarios que nos facían ferver de emoción: Gudelj, Mazinho... Saían ao campo e todos sabiamos que iamos ficar abraiados. Ti es moi novo, voltarás a ver o Celta entre os mellores, antes ou despois, e sentirás o orgullo de pertencer a unha grande familia, unha familia da que ti es unha parte importante. Mario, ti es o futuro do celtismo e esa camiseta que levas, incluso hoxe despois de dous días soportando as burlas dos madridistas de folla de lata, é parte dun soño compartido por moita xente. Sempre Celta.
5 comentarios:
xa perdin o fio que me trouxo aquí pero como pasei tan ben lendo o que atopei, farei de voltar sempre que vexa a luz acesa.
Grazas polo teu xeneroso comentario e benvida ao meu pequeno recanto na rede.
Ides tervos que pasar ó Lalín, que seica era o equipo do teu pai na súa infancia. Saúdos cordiais.
Si, meu pai sempre tivo especial aprecio por Lalín porque foi alí onde estudiou de rapaz. Despois defendeu a inxenua idea de formar un equipo galego unido que se chamase Galiza Unida. O certo é que meu pai sempre foi e segue sendo un tanto idealista.
Bonita resposta.
Publicar un comentario