Firenze, outubro de 2007. A miña máis recente postal despois dun mes de ausencia. Casei en Vilagarcía e viaxei a Italia. Viaxar neste tempo ten algo de fuxida. Todos fican e un marcha. Florencia segue a ser fermosa en calquera estación do ano. Cada casa é un pazo, cada igrexa é un museo. Vívese cada día coma unha oportunidade única para saír marabillado.
Aí está a ponte máis famosa da cidade, Il Ponte Vecchio, a ponte vella, coma en Ourense. Na Idade media traballaban nesta ponte pescadeiros, carniceiros e artesáns do coiro e a pel, que curtían alí mesmo. As arcadas centrais servían para botar o lixo. O fedor resultaba insoportable para o duque Fernando I no camiño ao seu pazo así que decidiu en 1593 desterrar a estes tendeiros e substituílos por xoieiros ben vistosos. Estes pagaban un aluguer moito máis elevado e para rendibilizar o negocio ampliaron as súas tendas cuns voladizos que hoxe son a nota peculiar desta ponte.
2 comentarios:
Parabéns pola voda... e pola viaxe.
Amigo bouzafria, grazas polas túas palabras e unha aperta.
Publicar un comentario