24 ene 2008

Un xogo de equipo


Non adoito escribir sobre temas deportivos pero hoxe vou facer unha excepción porque o protagonista desta noticia ben o merece. Desde moi novo son amante do baloncesto, daqueles que desfrutaban no Pazo coas xogadas de Nacho Suárez, Andre Turner e Darrell Armstrong, os saltos de Chandler Thompson, a loita de Clarence Kea, os triples de Roland Gray. Agora mesmo, na NBA, xoga un estremeño que destaca pola súas magníficas cualidades para este xogo: José Manuel Calderón. Entre tanto exceso físico, absoluta falta de intelixencia, individualismo esaxerado e incapacidade para o pase -as características que definen á maioría de xogadores da NBA- xorde Calderón co seu saber estar, coa decisión acertada para cada ocasión, o tiro oportuno, a indicación precisa... e un pensa: isto é o baloncesto, un xogo en equipo. Ademais destas virtudes, Calderón ten o que os americanos chaman clutch, é dicir, a capacidade de asumir o protagonismo nos momentos nos que se deciden os partidos. Non se esconde xamais. Onte mesmo, grazas a unha bandexa nos últimos segundos deulle a vitoria aos Toronto Raptors na cancha dos Boston Celtics, os líderes da liga. Un bo lugar para brillar. Anotou 24 puntos e deu 13 asistencias. Iso si que é xogar e facer xogar aos demais.

1 comentario:

Ánxelis dijo...

Teño entendido que che gusta o baloncesto, pois o domingo 18 ás 12 da mañá tes un partidazo, no Polideportivo do Grove, enfróntanse Grove Remagro a Maristas Ourense en semifinais de copa Galicia. (Infantís).
Un saúdo