Nestes tempos que vivimos de debates, tertulias e diatribas diversas sobre o sistema educativo, non podo evitar sentir certo pudor ao escoitar os moi solemnes discursos de certos políticos e expertos na materia que fan desfilar unha sucesión de expresións coma "mercado laboral", "emprego", "economía", "competencia internacional", "crecentes esixencias", "tecnoloxías da información", "informática", "capacitación", "globalización", etc. En 2005 Tony Blair mesmo chegou a declarar que "a educación é a mellor política económica que se pode facer".
Non podo evitar pensar ao mesmo tempo en Álex, un alumno meu de sete anos, que aínda fica marabillado durante uns segundos ollando como a súa bolboreta de papel parece axitar as ás nun movemento máxico.
Deberíamos ser honestos con Álex e con todos os nenos de sete anos e dicirlles que o que o Sistema espera deles non é que soñen con bolboretas de cores, que agarden a chegada do ratiño dos dentes pola noite, que imaxinen a lúa coma un plátano noctámbulo ou que describan nun papel as súas vacacións soñadas. Non, o que o Sistema quere é un Álex que sexa un futuro traballador obediente, competente tecnolóxicamente, trilingüe aparentemente, e tamén, por que non dicilo? acrítico intelectualmente.
2 comentarios:
Caro David :
Vendo o desenho e o teu depoimento lembro-me muito das crianzas. Das da tua escola, das das aulas ao ar livre da escola tagoreana de Santiniketon. E das de Bangladesh, onde esteve do 15 ao 20 de janeiro. Ali visitei escolas de crianzas sem pai e sem mai, acolhidas por uma ONG, e as do tagoreano Marino Rigon em Mongla, perto do Sunderbans onde habita o tigre de Bengala. Bangladesh e um pais maravilhoso, unico no mundo. Com muitos contrastes. As crianzas som o mais importante que existe no mundo. E as mulheres, sem as que nom haveria nem crianzas nem vida. Um abrazo de teu pai, que muito te aprecia. Jose Paz ("Santi")
Para fazer justo o contrario ao que o sistema injusto quere que fagamos, estam algúns mestres que ainda loitam contra o sistema imposto. Outros voltam ao pasado e quizais Europa tenha que loitar finalmente co neo-malthusianismo emergente. Boa reflexiom a túa. Parabens.
Visita o meu blog. Busca en google O recuncho de carnicero.Saudos cordiais
Publicar un comentario