21 mar 2007

Quero que me contes un conto


Sempre necesitamos que nos conten historias, contos, aventuras... Sentimos un profundo desexo por idear personaxes, lugares e feitos. Vivimos para soñar ou como dicía William Shakespeare en A tempestade: "We are such stuff as dreams are made on" (Somos da mesma materia da que están feitos os soños).

Nos nenos este desexo é aínda máis forte. Por iso non me sorprendeu ver cómo hoxe mesmo os meus vinte nenos e nenas de seis e sete anos ficaban abraiados e marabillados coa famosísima historia do cabalo de Troia.

Saber contar historias non é fácil. Os rapaces son esixentes, so prestan atención se eres quen de ambientar o relato axeitadamente con xestos e detalles, se empregas o tono e as palabras necesarias. Pero ese desexo que sinten por escoitar xoga da túa parte.

Moitas veces imponse o sentido realista duns nenos que comezan a entender que no mundo non todo é máxico e casual. Así, despois de contar a historia, un neno estaba moi interesado en facer unha pregunta: "Como construíron o cabalo e como entrou pola porta se era tan grande?". Non só necesitamos un contacontos senón tamén un carpinteiro.

No hay comentarios: