23 mar 2007

Vacas abstractas


Fiquei hoxe remexendo entre os vellos xornais da cidade para traer aquí, ás miñas leves postais amareladas sen destinatario coñecido, unha nova mostra da faceta xornalística de don Vicente Risco. Afortunadamente, editoriais como Alvarellos coa súa colección Rescate están a levar a cabo un importante labor de recuperación da obra xornalística das máis sinaladas figuras da nosa historia recente. Os traballos xornalísticos, pola súa propia natureza, atópanse dispersos en diferentes xornais e revistas e en diversas etapas. Por iso non resulta nada doado levar adiante un traballo que teña como finalidade a recollida da obra xornalística completa dun autor. Ogallá dispúxesemos xa da colección completa dalgúns autores polos que teño certo interese como Eugenio Montes, Roberto Blanco Torres, Ben-Cho-Shey e os propios Risco e Otero Pedrayo. Tamén resultaría interesante editar aquelas famosas columnas do vello xornalismo ourensán: as Mostacillas de Lamas Carvajal e as Agujetas de Álvarez de Nóvoa. De seguro que hoxe necesitarían dunha edición crítica e explicativa para entendelas no seu contexto local, social e político.

Volvendo a Risco cómpre saber que moitas das súas Horas, os artigos que publicaba na portada de La Región nos anos 50, tiñan a súa orixe nas conversas e discusións que mantiña na tertulia do Hotel Roma. Neste caso o tema que debatían era a idoneidade do termo arte abstracto. Risco foi un home moi interesado en asuntos de arte e estética, un gran coñecedor das correntes artísticas do seu tempo. Denominouse a si mesmo surrealista e chegou a asegurar que prefería ser pintor antes que escritor.

Neste artigo titulado De las vacas abstractas, que forma parte de El libro de las horas, Risco defende que toda arte é abstracta porque sempre o autor fai unha abstración da realidade, capta a súa esencia e convirte a realidade en imaxe.


"DE LAS VACAS ABSTRACTAS


Tanto se incomodaron con eso del arte abstracto, que no hay más remedio que hablar de eso, no para poner paces, sino para que "rabeen" un poco más.

He comprobado, y lo comprueba cualquiera, que la indignación es estimulante, y no hay nada que levante las iras de los hombres como las llamadas "heregías" artísticas. Hasta los teólogos y moralistas olvidan que conviene que haya herejes. Y en esto del arte, yo estoy convencido también de lo contrario, es decir, de que conviene que haya ortodoxos.

Lo de que no hay arte abstracto es verdad, en el sentido de que todo arte es abstracto.

Hasta las vacas que andan paciendo en el monte son, en último caso, una abstracción. El pintor que pinta una vaca, lo que pinta es una imagen; no copia, en realidad, un objeto, sino lo que él percibe de ese objeto, la imagen que se forma de él. Esto cuando pinta la imagen sensible; pero también pintar la idea de la vaca, que es tan vaca como la que anda paciendo. Si no es así, no nos entendemos."
La Región, 18 de abril de 1953.
(Theo van Doesburg: De Koe, 1917)

No hay comentarios: