Egretta garzetta. Eis o nome científico desta ave branca da familia dos ardeídeos que vive nas ribeiras dos nosos lagos, ríos e enseadas. Chama a atención o penacho de dúas plumas que lle sae na caluga durante a época de reprodución. A garceta quere augas tranquilas, onde se pode alimentar de pequenos peixes, crustáceos e outros animais aproveitando o seu longo e afiado peteiro. Tamén destacan as súas patas negras que rematan nunhas vistosas dedas amarelas.
A foto foi tirada en Combarro (Poio) no pasado mes de abril.
2 comentarios:
Wow que bella foto!
Muy hermosa ave, me encanto(:
Un saludo.
Penso que a vin a beira do Miño, debaixo da Ponte do Milenio... fai xa algun tempo, non levaba a camara enriba, unha mágoa.
Boa punteria. Un saudiño.
Publicar un comentario