Gelucho, Felipe, Batalla, Cata, Pastor, Rebeca, Cebrián, Villa, Matito, Rivera e Malet. Aínda son moitos os ourensáns que lembran hoxe de memoria esta aliñación mítica de Clube Deportivo Ourense. Corría o ano 1960 e os vermellos foron quen de forzar o partido de desempate diante do Athletic de Bilbao nos oitavos de final da Copa del Generalísimo. Xa antes deixaran fóra ao Espanyol vencendo no Couto 2-0 e perdendo pola mínima en Sarriá con gol de Cebrián a dez minutos do final.
O 8 de maio o Ourense vencía ao Atlético de Bilbao (Franco prohibira o nome de Athletic por estranxeiro) no campo do Couto por un claro 3-1. Os autores dos goles foron: Rivera, de tiro raso a pase de Malet; Cebrián, despois dun regate; e Matito, que pechou o partido. Polos bilbaínos marcou Mauri.
O día 22 os vermellos xogaron en San Mamés o partido de volta. Arieta, Marcaida e Arteche puxeron aos vascos con vantaxe de 3 a 0 xa no primeiro tempo, pero no último minuto do partido Rivera, a figura do equipo ourensán, aproveitou un fallo local para marcar e igualar a eliminatoria.
O desempate xogouse o 29 de maio no estadio de Chamartín. Orbán, titular nos partidos anteriores foi baixa e entrou Rebeca no seu posto. O cronista para La Vanguardia, Francisco Gallardo, contouno así:
"EQUIPOS, ÁRBITRO, AMBIENTE
En la calurosa tarde del domingo no acudió mucho público a Chamartín para ver el partido de desempate de la Copa de S.E. el Generalísimo entre los equipos del Atlético de Bilbao y el Orense. El partido, a falta de otros atractivos, ofrecía el de jugarse un Primera División tan calificado como el Atlético y un modesto Segunda como el Orense. No hay que decir que por eso de la defensa del débil, el público en su casi totalidad era "orensano". Por esta vez los bilbaínos se encontraron sin su "hinchada" tan numerosa en toda España.
UN PENAL TUVO LA CULPA
Del desempate entre el histórico Atlético de Bilbao y el novel Orense tuvo la culpa un gol marcado por los gallegos en San Mamés a menos de un minuto del final. De la total eliminación de la Copa del equipo orensano tuvo la culpa, también a menos de un minuto del final, un penal fallado por el medio Pastor. El meta bilbaíno Carmelo hizo todo lo posible por poner nervioso al chutador. Pero la verdad es que los orensanos estaban ya nerviosos de por sí: celebraron juntas y cabildeos antes de decidir quién había de tirar la falta. Al fin se encargó a Pastor para desgracia del chico que luego lloró su fallo. La mayor parte del público neutral respiró al asegurarse que ya no habría prórroga."
(La Vanguardia, 31 de maio de 1960).
Moitos en Ourense tamén choraron con amargura como Pastor pois remataba o soño copeiro. Nos cuartos de final agardaba o Barcelona. Así e todo, aqueles xogadores escribiron unha das páxinas máis brillantes do deporte ourensán.
5 comentarios:
Caro David :
Nom estou seguro, mas acho que o encontro nom fora em Chamartín (actual Bernabeu) Eu tenho a ideia de que foi no Metropolitano, que era o estádio naquela altura, do Atlético de Madrid.
Um abraço,
O teu Pai Pepe Paz
Ben, a crónica que saquei da hemeroteca dixital de "La Vanguardia" (un tesouro) fala sempre de Chamartín e o propio cronista estivo no campo. Polo tanto parece que foi alí e non no Metropolitano. Se fas clic na imaxe podes vela en grande. De todas maneiras seguirei investigando para confirmalo con outra fonte.
Acabo de consultar a web do Athletic de Bilbao que contén un rexistro dos máis de 3.000 partidos xogados na súa historia. Na ficha deste partido sinalan que foi no campo Santiago Bernabeu. Eu pensaba que ese nome era máis recente pero foi en 1955 cando se lle empezou a chamar así. Polo tanto o nome en 1960 era oficialmente Santiago Bernabeu, aínda que seguramente a xente seguía a chamalo Chamartín.
Caro Senhor:
encontrei por acaso este blog que muito me agrada ler, pelo teor intimista e cultural, e que vou seguir para conhecer mais a Galiza.
Obrigado e venerandas saudações.
Eu estiven alí, no fondo Sur onde agora vai esa banda de delincuentes que chaman Ultra Sur. Ao Ourense eu non o lembro xamais no Metropolitano, si no Bernabeu, contra o Plus Ultra, e mais no mesmo campo diste, no desempate agas o Xerez o ano do record. Tamen en Vallecas, onde en extranas circunstancias, salvou a categoria
Publicar un comentario